venres, febreiro 20, 2015

Mobilización en Ferrol contra a Taxa de Depuración e Saneamento imposta polo goberno municipal do Partido Popula -PP- no Concello


Onte foi un día importante en Ferrol, unha numerosa concentración dixo NON ! á Taxa Abusiva de Depuración e Saneamento, dixo NON ! á política imposta polo goberno municipal do Partido Popula -PP- no Concello de Ferrol. A continuación transcribimos o comunicado unitario que leu o membro da Comisión Social de Seguimento da construción da infraestrutura de depuración e saneamento da marxe norte da ría de Ferrol; e un dos promotores da iniciativa cidadá pola xestión pública e social do ciclo da auga e do saneamento en Ferrol.


Comunicado á Cidadanía - Comunicado ao Pobo de Ferrol

Trinta mil veciños e veciñas mil veciños e veciñas estan a recibir estes días uns recibos totalmente fraudulentos e están a ser estafados polo actual goberno municipal. Trinta mil veciños e veciñas que queren tamén unha ría saneada, maltratada durante décadas por falta de vontade política en procurar unha solución sostible medioambientalmente.

Trinta mil veciños e veciñas que agora observan indignados como o sistema de saneamento que nos están a implantar ven cuberto de opacidade, falta de participación e información. Un saneamento cuestionable tamén dende o punto de vista da eficiencia, do custo enerxético e coa súa xestión entregada a unha empresa privada, a multinacional Urbaser, que vai obter un importante lucro coa taxa que nos pretenden cobrar, e que abafará aínda máis aos milleiros de ferroláns e ferrolás que están a vivir unha situación de emerxencia social.

Este goberno levou no seu programa a conxelación das taxas, sen embargo, o custo dos servizos básicos: auga, luz e gas, subiu o triple que os salarios. Temos o índice de pobreza e exclusión social máis alto do país, e seguen a falar de recuperación económica.

En maio de 2013 a instalación dun tanque de tormentas no parque Pablo Iglesias deu lugar a unha mobilización veciñal, que pretendía exercer algo tan simple como o dereito á información das obras públicas. Esta mobilización foi desprezada e ignorada. Non hai nada máis ditatorial que un goberno que dá as costas ao seu propio pobo, e que xestiona os cartos públicos como os balances dunha empresa privada, e que sanea a súa economía cunha imposición fiscal inxusta.

Non estamos aquí en representación de ningún partido político, asociación ou grupo de presión. Estamos a cidadanía indignada que demanda unicamente que a auga e a depuración non se poden convertir nun negocio privado.
Non se deu até o de agora a transparencia necesaria nun investimento millonario que, coa toma de decisións unilaterais, só lle deixa a veciciñanza coma única potestade a de pagar unha taxa de saneamento que nin está explicada nin xustificada.

O sistema de saneamento decidido para Ferrol e Narón non se axusta tampouco ás normativas europeas e españolas vixentes. Deixar de lado o deseño con colectores separativos (pluviais e residuais) requirido polo PXOM de Ferrol e cuns tanques de tormentas de reducido tamaño en lugares non idóneos, conducirán a perpetuar o estado actual da Ría de Ferrol.

Queremos tamén denunciar a avaliación dos custos utilizada para definir a taxa de saneamento, que quedou acreditada como moi pouco fiable, xa que temos constancia doutras valoracións técnicas que conclúen un custe do servizo moito máis baixo. Polo tanto, o informe oficial que se toma para fixar a tarifa é demasiado amplo e pouco rigoroso.

Tendo en conta que esta é unha obra de interese xeral o Estado teríase que facer cargo da súa financiación. Non pode ser que sexan os veciños e veciñas os que paguen a retribución do socio privado, é dicir, que contribuamos entre todos e todas ao beneficio dunha multinacional como ACS-Urbaser, que ten como beneficiario último o señor Florentino Pérez.

Nós si queremos un saneamento, o noso lema e saneamento si, pero non así, pero esiximos un saneamento integral, non intensivo en custos enerxéticos, e non toleramos que se fixe unha taxa de saneamento baseada en informes achegados pola propia empresa concesionaria, Emafesa. Estamos sendo estafados polo lema da maioría absoluta que é “primeiro as empresas, logo a xente”.

Sr. Alcalde: non só estamos ante un saneamento propagandístico que se ben vai aliviar os verquidos contaminantes da ría, non vai ser a solución definitiva, xa que é obsoleto, custoso e ineficiente. Tamén nos preocupa o esquecemento do rural e A malata.

Vivimos nunha cidade onde a taxa de paro, o empobrecemento, a emigración e a crise demográfica alcanzan cotas insostibles. Agora a veciñanza vaise ver gravada cunha taxa anual por fogar dun promedio de 76 euros, taxa que irá incrementándose ano a ano por mor da corruptela dos gobernos de facto, as multinacionais, que exercen a fraude sistemática na subasta eléctrica. E onde os pequenos negocios como bares e comercios se verán afogados, e as economías domésticas aínda máis lastradas.
Pedímoslle ao Sr. Rey Varela que por unha vez teña a dignidade de escoitar á cidadanía e retire o cobro desta inxusta e ilegal taxa de Depuración e Saneamento.

Imos reunir os recursos suficientes para que o concello se vexa obrigado a dar explicacións ante a veciñanza, e a auga volva a ser tratada como un dereito cidadán básico e non como unha simple mercadoría. Imos chegar ata o final, ata a última instancia xudicial, porque estamos convencidos que nos asiste a forza da razón. E non nós imos render, non queremos un saneamento electoralista, queremos un saneamento real, sostible, que respecte os recursos naturais da nosa ría.

Sr. Alcalde: Solicitámoslle que retire a taxa que ten remitido Emafesa, e que se dirixa aos veciños e veciñas a explicar polo miúdo, desglosado e baseado en datos certos porqué teñen que pagar esa cantidade abusiva para un saneamento cun modelo intensivo enerxeticamente, non separativo, totalmente obsoleto, e contrario ao que se está a facer noutras ciudades como así o dixo hoxe mesmo o director de Augas de Galicia no Parlamento galego.
¿Porqué que a maior parte da cidade ten que pagar unha taxa sin tan siquera estar rematadas as obras do saneamento? Porque pretente recaudar tres millóns de euros dunha forma inxusta e ilegal?

Sr alcalde: retire a taxa, escoite ao pobo de Ferrol, que é a quen esta a representar, e centre o seu traballo en menos cartaces propagandísticos e máis saneamento real.

Reivindicamos a remunicipalización do servizo porque só dende a xestión pública e integral do ciclo da auga poderemos garantir a necesaria transparencia e eficiencia, e non se volvan repetir episodios vergonzosos como o cobro desta taxa.
É, polo tanto, hora de acadar o mellor para a nosa xente. Saneamento, si, pero non así. Taxa-estafa non! Non debemos, non pagamos!


Enlaces de interese:

Sitio-e da Iniciativa cidadá pola xestión pública e social do ciclo da auga e do saneamento en Ferrol:
http://augaesaneamentodeferrol.blogspot.com.es/

Sitio-e da Comisión de Medio Ambiente da Asocición Veciñal de Recimil:
http://www.cidadansversustanquesdetormentas.blogspot.com.es/

Grupo no Facebook Sobre o Saneamento e Depuración de Augas Residuais na cidade - Indignados co recibo do auga en Ferrol:
http://www.cidadansversustanquesdetormentas.blogspot.com.es/

Enviado por:
marea artabra
-mareaartabra@gmail.com-
19 de fevereiro de 2015 20:21
http://mareaartabra.blogspot.com.es/

______________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon