sábado, xuño 02, 2012

A cuarta Acción Obreira "Pola readmisión de Alberto, en defensa do Dereito a Folga e da Liberdade Sindical", tivo lugar en Mercadona de San Valentín, no concello de Fene - Fotos e enlaces


As mobilizacións contra a represión antisindical en Mercadona, pola readmisión de Alberto e polo dereito á Folga, seguen tendo forza e conciencia. Foron moitas as traballadoras e traballadores que secundaron a acción obreira deste xoves día 31 de Maio, no Hiper de San Valentín (Antiga barriada de vivendas de ASTANO), no concello de Fene. Antes das 7 da Tarde comezaron-se a concentrar diante do Hiper de San Valentín, moitas persoas. Bandeiras, petos, octavillas, volantinas, berros, proclamas, "A Solución, Alberto Readmisión". Desta vez custodiando o Hiper estaba a Guardia Civil, sen intervir en ningún momento, máis tamén efectivos de vixilancia privada e o seu "Jefe" tomando fotos e vídeos. Varios responsábeis de zona de Mercadona tamén estiveron presentes, pasando información telefónica a outros responsábeis de maior rango na xerarquía institucional da súa corporación empresarial. Para nós é moi importante que se enteren en Valencia e Madrid do que aquí pasa. Despois das mobilizacións no Hiper de Mercadona d'A Gándara os pasados 4, 12 e 15 de Maio, para esixir a readmisión de Alberto, esta foi a cuarta, nunha nova táctica de levar a protesta a todos os hipers que ten Mercadona na Comarca (Canido, Freixeiro, A Gándara e San Valentín). Foi a Unión Comarcal de CCOO, co apoio doutros colectivos sociais e un timorato apoio do resto das centrais sindicais, as que convocaron a acción obreira. Aínda que as mobilizacións son moi importantes e amosan unha grande conciencia obreira e solidaria, combativas e decididas, para conseguir os obxectivos necesitamos vencer á burocracia sindical nas respectivas centrais. A unidade sindical é moi necesaria, non podemos perder esta oportunidade. Son moitas as cousas que están en xogo nesta loita, é por iso de moita importancia a mobilización e a resposta unitaria, non permitamos que Mercadona impoña a súa política antisindical, respostesmos con unidade e loita.

A loita continua: Pola readmisión de Alberto, en defensa do Dereito a Folga, en Defensa da Liberdade Sindical, pola Unidade Sindical contra o Capital !


Para quen chegue de novo a esta noticia, lembrar que tras a Folga Xeral do 29M, foi represaliado o compañeiro Alberto que se atreveu a exercer o dereito á folga. A empresa nunha actitude represora despediu ao compañeiro, conculcando deste xeito un dereito fundamental á liberdade sindical. Para máis información ver os enlaces relacionados.
Fotos: Susete'70 e Ártabra 21.

Enlaces relacionados
:

Ártabra 21: Nova concentración en Mercadona, desta vez en San Valentín-Fene, pola readmisión de Alberto, pola liberdade sindical - Hoxe Xoves 31 de Maio

Ártabra 21: Terceira Acción Obreira "Pola readmisión de Alberto, en defensa do Dereito a Folga e da Liberdade Sindical", tivo lugar en Mercadona d'A Gándara, en Narón - Vídeos e Fotos

Ártabra 21: Nova acción obreira contra Mercadona "pola liberdade sindical - non aos despidos" - 12 de Maio de 2012

Ártabra 21: A #PrimaveraGlobal en Ferrol e a Loita polos Dereitos Fundamentais en Mercadona

Ártabra 21: O Colectivo Ártabra 21 denuncia represalias laborais en Mercadona contra traballadores e traballadoras que exerceron o dereito a Folga o pasado 29M - Solidariedade coas traballadoras e traballadores despedidos
_____________

2 comentarios

A min pareceme que as manifestacions son mais para lucirse algen, que para que readmitan, o Alberto (teño entendido que esta traballando noutro lado)por outra banda si como din as malas linguas, lle pagaban polo despido mais do que lle correspondia, non vexo cal é problema, colle-los cartos é andando.

Un que sabe do tema máis có anterior delete xuño 03, 2012 7:34 p.m.

O de que lle pagaban maís polo despedimento do que lle correspondía é verdade, pero non se intenta agachar, como pareces insinuar ti con iso de que o din as malas linguas. ¿E que se lle ofrecen máis? Como sempre se dixo, "os empregos non se venden, os empregos se defenden". Non todo ten un prezo nesta vida, pero, pola mentalidade que revela o teu comentario, quizais ti non podas entendelo, así que tampouco paga a pena seguir perdendo máis tempo en intentar explicarte nada.


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon